Galiza contra a agresión ao pobo palestino: Manifestación Nacional en Compostela

O vindeiro domingo 18 de xaneiro,  ás 12:00 na alameda compostelana,  as galegas e galegos galiza-por-palestina1manifestaremos o noso rexeitamento máis categórico aos crueis ataque cometidos por Israel contra o desarmado pobo palestino,  a nosa total solidariedade e o noso apoio á causa palestina. Non faltes!  Únete a esta xusta protesta.

Israel leva asasinado até agora  820 persoas e 3.300 están feridas, na terceira semana da  invasión de Gaza, nunha operación terrorista que pretende eliminar o maior número de palestinas e palestinos posible. Estas vítimas súmanse aos máis de 5.000 palestinos mortos desde setembro do ano 2000, en que empezou a rebelión contra o Estado israelí na coñecida como Segunda Intifada, e onde tamén morreron máis de 900 nenas e nenos.

A Oficina bandeira-palestinade Coordinación dos Asuntos Humanitarios (OCHA) da ONU destacou que a ofensiva israelí na Franxa provocou “o maior número de desprazados forzosos palestinos desde 1967″.

 Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada a poboaciónos-novos-nazis-sionistas palestina, ocupar os seus territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestructuras: casas, hospitais, centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU. Debemos denunciar aos estados europeos, que como o español, toman parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos, Alén do máis, o actual goberno español é cómplice activo ao venderlle ao exército israelí armas que se poden estar a usar.

 

Deixa unha resposta