Fernando Blanco: o Goberno galego vai abrir unha investigación sobre o funcionamento das empresas eléctricas

O conselleiro de Innovación e Industria dixo que se investigará sobre todo o proceso que se deu desde fernando-blanco-conselleiro-de-innovacion-e-industria2o venres, en resposta aos danos ocasionados polo temporal e delimitar se efectivamente as medidas que se están pondo en marcha de mellora dos tendidos eléctricos resolven os problemas. Preténdese analizar, dese xeito, como mellorar a reacción nestes casos.

Afirmou o conselleiro  que 36.000 clientes continúan sen subministración eléctrica desde a noite do venres, 14.000 sen liña telefónica fixa e 6.827 sen ADSL –a maioría no norte da Coruña e Lugo–, e confiou en que “no día de hoxe quede resolta case na súa totalidade a situación.

Queres máis datos desa nova? Clica aquí

E da consellaría? Clica Aquí

 

Deixa unha resposta