E agora co temporal, porque cala «La Voz de Galicia» sobre a xestión das empresas eléctricas foráneas?

 “La Voz de Galicia”, cunha gran distribución de periódicos , comezara un ataque  furibundo, nunca antes conexion-electricavisto, contra o Plano eólico da consellaría de Industria. Plano Industrial na que Galiza é a gran beneficiada, sendo este o maior exemplo de redistribución de riqueza en Galiza”.

Semellaba que ese medio de comunicación defendía intereses privados  de certos monopolios enerxéticos foráneos contra o interese público da sociedade galega e do sector empresarial galego. E agora, que vai calar ou dicir dun monopolio foráneo como Unión Fenosa que, diante do efecto dos ventos,  non resolve eficazmente e nun tempo prudencial os problemas do subministro eléctrico coas medidas que di estar pondo en marcha ? Que vai dicir agora  “La Voz de Galicia” cando aínda hai uns 6.600 fogares galegos seguen sen luz cinco días despois do temporal de vento e choiva que esnaquizou árbores e postes do tendido eléctrico na nosa comunidade?

Onde está a responsabilidade dese medio de comunicación que faltou á verdade?

Vai pedir  perdón? Non, está clara a súa actitude. Non hai máis que dicir. Mentres,  o conselleiro de Innovación e Industria dixo que o Goberno Galego vai abrir unha investigación  sobre o funcionamento das empresas eléctricas.

 A provincia máis afectada pola interrupción do fornezo sigue sendo A Coruña, onde 4.600 casas seguen sen electricidade, mentres que en Lugo as familias afectadas son unhas 2.000.

A Confederación de Asociacións Veciñais urxiu a Unión Fenosa a que dea unha «resposta» ante a «gravidade» da situación de miles de cidadáns que permanecen sen electricidade dende o temporal da fin de semana.

A confederación manifestou o seu «profundo malestar» ante a «tardanza» da compañía en restabelecer a subministración, que achacan a «unha falta de previsión e de capacidade de actuación tremendas». O nivel de calidade do servizo e da actuación, consideran, contrasta cos «beneficios multimillonarios» que cada ano declaran as eléctricas.

É «mesmo paradoxal» que os incrementos dos recibos sexan «a miúdo xustificados polas eléctricas co argumento de reinvestir no acondicionamento e na actualización da rede», cando sucesos como os destes días «poñen de relevo o obsoleto do sistema, a falta de mantemento e a súa fraxilidade».

 

 

 

 

 

 

1 Comentario

  1. Comentábase aqui mesmo o outro día que La Coz de Galicia está a sufrir un descenso nas suas ventas e non me extraña. Vale que nunca foi un xornal obxetivo pero o de ultimamente non ten nome.
    Quero poñer como exemplo a cobertura que se lle da hoxe a sesión do pleno municipal de onte no noso municipio:
    Primeiro coméntanse cuestións de puro trámite administrativo (as bases do proceso de contratación para o novo edificio de dependencias municipais), e o dicir que se aprovou por unanimidade é polo que podemos imaxinar que o grupo municipal do BNG tamén asistiu o devandito pleno; pois no artigo principal non se comenta nada das intervencións do BNG, e máis concretamente do voceiro, Xoán Sande, que estivo en uso da palabra bastante máis tempo co propio alcalde en funcións (Moncho),que todo hai que dicilo, tiña o día especialmente «espesito»; e por suposto moito máis ca os 2 concelleiros do PSOE xuntos. Ainda así, si aparece reflexado no artigo unha pregunta do voceiro socialista que en tempo real consumiu minuto e medio do tempo que durou o pleno e un comentario do outro edil do PSOE, que, calculo, empregou en didir uns 15 ou 20 segundos. Magnífica a rapidez coa que apuntan estes xornalistas.
    Agora sí,o que realmente se pode denominar como un artigo brillante e extraordinariamente serio e imparcial é o titulado «Aos edís quédaselles pequeno o municipio» para referirse as mocións presentadas polos 2 grupos da oposición sobre o «conflicto» en Palestina,e defendendo así os paupérrimos argumentos dados polo noso Monchiño, representante nesta ocasión do PP, que por suposto non se quixo mollar; supoño que para non ter despois malos rollos cos seus amigos ianquis. O grupo municipal do PP, que nunca xamais presentou unha moción que non lles fose enviada dende Génova,ten a santa cara de dicir que condear os ataques a Palestina excede das suas competencias!!Que falta de vergonza!!
    E do resto, non se di nada de nada.
    Que se aproba comezar os trámites para dotar o concello dun servizo de grua para retirar os vehículos mal estacionados, prosperando deste xeito unha moción do BNG, que ainda que en principio ía ser rexeitada, o alcalde en funcións non puido rebater os argumentos do voceiro nacionalista; iso non lles importa os lectores da Voz.
    Que a resposta da moción presentada por min mesma, sobre dignificar o xeito en que se entregan as axudas ao estudo, é a de «nos ímolo seguir facendo así porque a nós nos parece ben e gobernamos nós» e «cada quen é libre de pedir a axuda ou non»; pois tampouco lles importa aos seus lectores.
    Que se pregunta por unha sentenza do Tribunal Supremo que obriga a pagarlle a un veciño co que estiveron en pleitos durante anos, por suposto, cos cartos dos veciños e veciñas da Laracha, e dan unha contestación que sería penosa ata no contexto dunha taberna, con descalificacións persoais cara o veciño afectado; pois iso tampouco é importante.
    E así etcétera, etcétera…
    Dende o BNG (neste caso local) xa non agardabamos favores da Voz de Galicia, pero isto xa non ten xeito; perderon o Norte totalmente.

Deixa unha resposta