Catro asociacións de quiosqueros denuncian presuntas prácticas abusivas de «La Voz de Galicia» e constatan un descenso das vendas dese diario nos quioscos
Publicado en Galiza o 28/01/2009 00:58 por Xosé AntónSegundo publica o diario «La opinión de A Coruña» os quiosqueros aseguran que os datos oficiais
constatan «un descenso das vendas» do diario nos quioscos desde 2006.
As Asociacións de Vendedores de Prensa e Publicacións da Coruña e provincia, de Santiago de Compostela e comarca, da provincia de Pontevedra e da provincia de Ourense denunciaron onte «a repartición gratuíta de miles de exemplares de forma masiva» por parte do diario La Voz de Galicia.«. Máis datos
Esta repartición gratuíta de miles de exemplares «producíase de forma masiva en canta festa folclórica, gastronómica ou deportiva producíase ao longo da nosa comunidade autónoma», afirman os quiosqueros nunha nota entregada aos medios de comunicación, na que engaden que «tamén, en determinadas campañas, podíanse ver miles de exemplares gratuítos nas caixas de cobro dalgunha gran superficie comercial