Castelao como síntoma. Artigo de Francisco Rodríguez Sánchez para ler e aprender
Publicado en Galiza o 11/01/2009 22:47 por Xosé AntónPropóñovos ler un interesante artigo que Francisco Rodríguez puxo no seu blogue e que tamén aparece nun xornal
galego. Comeza o artigo sinalando que este mes é o do nacemento e a morte de Castelao. No 2009 cúmprense 25 anos da traída dos seus restos mortais desde Buenos Aires para depositalos en San Domingos de Bonaval. Foi unha traída patrocinada e controlada polos que nunca acreditaron na súa obra nen so seu pensamento. Realizouse nun contexto de severas limitacións anti-democráticas, co nacionalismo expulsado do Parlamento Galego. Inevitabelmente foi contestada polos que, no plano ideolóxico e político, nos considerabamos continuadores da súa obra seguir lendo