Anxo Quintana:En marzo escolleremos un presidente do goberno para Galiza, non para Madrid…
Publicado en Galiza o 08/01/2009 00:51 por Xosé AntónSemella que, diante do que se escribe nos medios de información de masiva distribución, facía falla explicalo:
As vindeiras eleccións van ser unha proba de confianza no país para todos os cidadáns galegos e de todas as forzas políticas”. “O que decidimos o próximo un de marzo é a calidade do noso autogoberno, escollemos un presidente para Galiza e non para Madrid ou para Euskadi, asegurou hoxe Anxo Quintana no acto dos nacionalistas no 59 cabodano de Castelao.
Tamén subliñou o Vicepresidente da Xunta e candidato nacionalista á presidencia do goberno de Galiza que “si o BNG, en vez de ter dous deputados en Madrid tivese oito, e así puidese asegurar a estabilidade do goberno estatal, nós conseguiriamos tamén un financiamento xusto para o noso país»
Para ler un interesante resumo do dito polo Vicepresidente no novo diario de información galego Xornal.com (en prensa escrita Xornal de Galicia) clica aquí.