Archive for Xaneiro 31st, 2009

Unha nena, coa verdade, deixa espido en toda a súa vergoña ao racista estado de Israel.

Convídote a 6 minutos de serena exposición da realidade na que vive Gaza e da que nos medios masivos de (des)información non sae ou está deturpada.

Neste vídeo aparece o testemuño dunha nena palestina difundido pola o Jazeera e traducido (ao español) para Rebelión por Manuel Talens, resume, en 6 minutos, moito máis do que poida explicarse en extensos tratados de Historia e Dereito Internacional.

O bombardeo inmisericorde dunha vivenda chea de refuxiados civís palestinos durante días e o seu bloqueo para impedir a entrada das ambulancias e os equipos de asistencia no barrio de Zeitoun, en Cidade de Gaza, é soamente un dos múltiples crimes contra a humanidade que o estado exterminador de Israel cometeu durante a súa última carnicería en Gaza.

Unha nena, coa verdade, deixa espido en toda a súa vergoña ao racista estado de Israel.

 

Clica no video para velo
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

 

O Foro Social Mundial con presidentes sudamericanos e a presencia do comandante Che Guevara

Clica no video para velo (está en castelán)
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

Aínda que América do Sul (ou Indoamérica, como a denomina o presidente Hugo Chávez) nun pasado recibiu “a maior dose de capitalismo neoliberal, de veleno neoliberal”, tamén foi neste continente, onde brotaron con maior forza os movementos sociais que están comezando a cambiar o planeta e ninguén poderá detelo”, aseverou Chávez.
Na rexión está ocorrendo “unha Revolución, unha verdadeira Revolución”, polo que solicitou aos movementos sociais ao longo do continente que redobren a ofensiva popular “para os cambios revolucionarios”.
“A Venezuela correspondeulle en América Latina tomar a posición de vangarda. Iso ninguén o planificou, só ocorreu como produto de diversas circunstancias”, dixo.

 

Seguido a iso, exemplificou o caso do seu país, ao mencionar que dez anos atrás chegou a Revolución Bolivariana “impulsada por un poderoso movemento popular que aínda está, impulsándoa e consolidándoa”.
Nesa década, a poboación venezolana e o Goberno resistiu “as agresións, golpes de estado, terrorismo, sabotaxes, que foron impulsado desde o imperio  (EE.UU.)”, demandou Chávez. Con todo, precisou que “estamos de pé, dispostos a resistir 100 anos máis de agresións, se houbese que resistilo”.


Elévase un enorme sentimento de alegría e esperanza cando escoitamos aos lideres indoamericanos reunidos e dando esa mensaxe de optimismo ao seu pobo. Pobo do que forman parte e do que xurdiu esa revolución pacífica e enormemente consistente. Quen diría que os efectos da Revolución Cubana
chegasen cincuenta anos máis tarde,  para a América Latina e o Caribe! No fundamental, pola consolidación e ampliación dos diferentes procesos de transformación social, política e económica que teñen lugar na rexión, caracterizándose, ademais, polas posicións independentes e de defensa da soberanía nacional que se fixeron patentes en diferentes momentos ao longo do actual  período