Archive for Xaneiro 29th, 2009

Cea da Asociación Cultural Quinta Feira para o venres 13 de febreiro

 

Poño no voso coñecemento que a Asociación Cultural Quinta Feira inaugura o curso das actividades. Como comezo, para coller folgos, organiza a cea anual na que agarda a túa presenza. A cea estaba pensada para finais do 2.008, mais retrasouse para permitir a asistencia de todas as persoas participantes nas actividades realizadas no ano anterior.Visita o seu blogue se queres acceder á  información sobre a asociación cultural. Tamén podes visualizar aquí abaixo os datos relativos á cea.cea-da-asociacion-cultural-quinta-feira1

 

ASOCIACIÓN CULTURAL QUINTA FEIRA
A LARACHA

VENRES 13 DE FEBREIRO
NO HOTEL-RESTAURANTE ABC – A LARACHA

Ás 9 da noite:
Asemblea de soci@s

Ás 10 da noite:
CEA de soci@s e amig@s
Prezo da cea 20 euros

Para apuntarse:
MARÍA, tlfno. 981 60 50 30 – 625 68 67 87
(até o domingo 1 de febreiro)

Contamos contigo!
 

1 de marzo: Alberte Ansede está seguro dun incremento de votos para o BNG e considera politicamente indecente a postura do PP e do PSOE co voto da emigración

 alberte-ansede

O director de campaña do BNG, Alberte Ansede, asegurou esta mañá en rolda de prensa en Santiago que o vindeiro día 1 de marzo haberá “milleiros de galegas e galegos que votarán por primeira vez BNG”.

 O secretario de organización nacionalista asegurou que esta confianza vén respaldada, nun primeiro termo pola “grande asistencia de persoas que estamos a rexistrar nos actos do BNG e que está a desbordar as nosas expectativas”. Read the rest of this entry »

 

Unha vaca máis no millo? Non, non! Moitas!

 

 O candidato do PSOE á Presidencia da Xunta de Galiza, Emilio Pérez Touriño, declarou nunha entrevista que os emigrantes teñen suficiente acreditación para votar sen a presenza de DNI ou pasaporte, requisito que a Xunta Electoral Central considera necesario para a fiabilidade do sufraxio na pp-e-psoe-mais-no-millo1diáspora.

O alcalde de Lugo, Xosé López Orozco (PSOE), animou en Bos Aires (Arxentina) aos residentes ausentes que vaian votar aínda que non teñan os seus documentos en regra. Con estas declaracións, Orozco fixo caso omiso á medida da Xunta Electoral Central (XEC) de esixir unha fotocopia do DNI ou do pasaporte aos emigrantes.

A deputada do PSOE, Marisol Soneira, dende Uruguai, criticou abertamente unha medida que, afirma, converte os emigrantes en “cidadáns de segunda” (por ter que identificarse igual que cando nós imos depositar o sobre coa papeleta na urna. Igual non, xa que a eles  chégalles  cunha copia, non necesitan o orixinal como na Galiza, e unha copia sempre se pode falsificar de xeito máis doado). Tamén o portavoz do PSOE José Blanco dixo en Caracas (Venezuela) ante os emigrantes que a medida supón “trabas para exercer o dereito ao voto”.

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, participará o 8 de febreiro nun acto en Bos Aires, no que os organizadores pediron aos que queiran retirar unha invitación que presenten o pasaporte. Read the rest of this entry »

 

E agora co temporal, porque cala «La Voz de Galicia» sobre a xestión das empresas eléctricas foráneas?

 “La Voz de Galicia”, cunha gran distribución de periódicos , comezara un ataque  furibundo, nunca antes conexion-electricavisto, contra o Plano eólico da consellaría de Industria. Plano Industrial na que Galiza é a gran beneficiada, sendo este o maior exemplo de redistribución de riqueza en Galiza”.

Semellaba que ese medio de comunicación defendía intereses privados  de certos monopolios enerxéticos foráneos contra o interese público da sociedade galega e do sector empresarial galego. E agora, que vai calar ou dicir dun monopolio foráneo como Unión Fenosa que, diante do efecto dos ventos,  non resolve eficazmente e nun tempo prudencial os problemas do subministro eléctrico coas medidas que di estar pondo en marcha ? Que vai dicir agora  “La Voz de Galicia” cando aínda hai uns 6.600 fogares galegos seguen sen luz cinco días despois do temporal de vento e choiva que esnaquizou árbores e postes do tendido eléctrico na nosa comunidade?

Onde está a responsabilidade dese medio de comunicación que faltou á verdade?

Vai pedir  perdón? Non, está clara a súa actitude. Non hai máis que dicir. Mentres,  o conselleiro de Innovación e Industria dixo que o Goberno Galego vai abrir unha investigación  sobre o funcionamento das empresas eléctricas.

 A provincia máis afectada pola interrupción do fornezo sigue sendo A Coruña, onde 4.600 casas seguen sen electricidade, mentres que en Lugo as familias afectadas son unhas 2.000. Read the rest of this entry »