Posted in Galiza on 01/28/2009 01:36 am by Xosé Antón
O Consello de Administración da Compañía de Radio Televisión de Galiza (CRTVG) estudará hoxe a
viabilidade do plan de cobertura das eleccións do 1 de marzo proposto pola dirección da Televisión autonómica, que propón celebrar o martes día 17 de febreiro un único debate electoral a tres bandas entre os tres líderes políticos galegos: Anxo Quintana (BNG) Emilio Pérez Touriño(PSOE) e Alberto Núñez Feijóo (PP). Agardamos tamén as respostas que darán as tres formacións políticas ás propostas de debates entre os cabezas de lista das catro provincias e tres entrevistas aos candidatos na TVG
Posted in Mundo on 01/28/2009 01:21 am by Xosé Antón
Gonzalo Gómez mantén que a Revolución Bolivariana é do pobo, non de Chávez .Que o proceso
revolucionario é de fondo, e Chávez é unha expresión que se convirte na súa dirección. Chávez tamén propón medidas que non necesariamente as está a pedir o pobo nese intre. Ás veces, adiántase á conciencia do pobo e estimula o seu desenvolvemento. Mais outras veces son os movementos sociais os que teñen que loitar e presionar o Goberno, un Goberno que é permeábel aos traballadores, algo que non pasaba cos anteriores. Segue a entrevista
Posted in Galiza on 01/28/2009 12:58 am by Xosé Antón
Segundo publica o diario “La opinión de A Coruña” os quiosqueros aseguran que os datos oficiais
constatan “un descenso das vendas” do diario nos quioscos desde 2006.
As Asociacións de Vendedores de Prensa e Publicacións da Coruña e provincia, de Santiago de Compostela e comarca, da provincia de Pontevedra e da provincia de Ourense denunciaron onte “a repartición gratuíta de miles de exemplares de forma masiva” por parte do diario La Voz de Galicia.“. Máis datos
Esta repartición gratuíta de miles de exemplares “producíase de forma masiva en canta festa folclórica, gastronómica ou deportiva producíase ao longo da nosa comunidade autónoma”, afirman os quiosqueros nunha nota entregada aos medios de comunicación, na que engaden que “tamén, en determinadas campañas, podíanse ver miles de exemplares gratuítos nas caixas de cobro dalgunha gran superficie comercial