Fernando Blanco: o Goberno galego vai abrir unha investigación sobre o funcionamento das empresas eléctricas
Posted in Galiza on 01/27/2009 12:06 am by Xosé AntónO conselleiro de Innovación e Industria dixo que se investigará sobre todo o proceso que se deu desde
o venres, en resposta aos danos ocasionados polo temporal e delimitar se efectivamente as medidas que se están pondo en marcha de mellora dos tendidos eléctricos resolven os problemas. Preténdese analizar, dese xeito, como mellorar a reacción nestes casos.
Afirmou o conselleiro que 36.000 clientes continúan sen subministración eléctrica desde a noite do venres, 14.000 sen liña telefónica fixa e 6.827 sen ADSL –a maioría no norte da Coruña e Lugo–, e confiou en que “no día de hoxe quede resolta case na súa totalidade a situación.
Queres máis datos desa nova? Clica aquí
E da consellaría? Clica Aquí