Archive for Xaneiro 26th, 2009

Fernando Blanco asegura, nun café de redacción celebrado na sede de Xornal de Galicia, que a resolución do concurso eólico é definitivo

O conselleiro de Innovación e Industria tamén comenta que as medidas de cambio máis estruturais, as máis conselleiro-de-industria-fernando-blanco-bng2arriscadas, viñeron de parte do BNG: política de benestar, o Banco de Terras, as Normas do Hábitat…

Cando lle preguntan si percibe que o PSOE tenta anotarse tantos do BNG, contesta que PSOE está facendo o que debe, que é captar todo para que lle vaia ben, é a súa obriga. Pero a cidadanía é moi madura, sabe valorar a cada un. Acerta sempre. Non se pode votar a culpa ao votante de cuestións que son responsabilidade nosa. Seguramente, cando non chegamos, é porque non fixemos ben o noso traballo. Hai que saber vender, non todo é traballo…

Accede a esta interesante entrevista

 

Quintana describe como “arrepiante” a decisión do PSOE de pretender que os residentes ausentes voten sen identificarse

O Vicepresidente da Xunta de Galiza e candidato do BNG á presidencia do Goberno, Anxo Quintana, cualificou anxo-quintana-discursode ”arrepiante” esa petición do PSOE ante a XEC. “Non só os enche de vergoña, senón que algún aínda reclama que sigan sen identificarse”, enfatizou o líder nacionalista, ao tempo que consideraba esta situación propia dun país terceiromundista: “Estamos en Tanzania ou onde estamos?”, preguntou Quinta ao tempo que aseguraba sentir “vergoña” polo feito de que “en plena campaña a XEC teña que dicir que a xente se identifique cando vaia votar”.

O Vicepresidente Anxo Quintana responsabilizou a PPdeG e PSdeG de seren os artífices do actual modelo que rexe o sistema do voto emigrante: “de que fenómenos saíu esta proposta”, ironizou o candidato nacionalista, en alusión aos populares galegos, aínda que preguntándose tamén por que os socialistas galegos non modificaron, no seu día, este sistema. Read the rest of this entry »

 

Bolivia: O presidente Evo Morales celebra o trunfo do Si (61,96%) nun referendo constitucional histórico

Clica no video para velo
Podes ver outros en radiomundial.com.ve

Segundo  publica ABI, O presidente de Bolivia,  Evo Morales,  celebrou a noite do pasado domingo o triunfo do Si no referendo constitucional que se rexistrou no país e á vez anunciou a refundación inmediata do Estado boliviano.

Ás 20.50, no Palacio Queimado, o Xefe de Estado saíu a un dos balcóns para anunciar á multitude que se apostou na  praza Murillo da Paz, o triunfo do Si no referendo constitucional histórico que viviu o país.

“Aproveito esta oportunidade para expresar o meu gran recoñecemento a todas as irmás e irmáns de Bolivia, a todos os compañeiros e compañeiras, a todas as cidadás e cidadáns que mediante o seu voto, mediante a súa participación democrática deciden refundar Bolivia”, expresou o Xefe de Estado.

O Presidente dixo que o esforzo dos movementos sociais de toda Bolivia, os seus profesionais, os seus intelectuais, os seus artistas, non foi en balde, pero especialmente a loita do movemento campesiño indíxena, o sector máis excluído, o máis marxinado, máis humillado durante a República, agora é recoñecido como pobos, como organizacións, persoas que teñen o mesmo dereito como calquera cidadán ou cidadá. Read the rest of this entry »

 

Para Europa hai alternativa real ao gas ruso?

Estes días pasados lemos na prensa escrita moitos artigos no que critican a dependencia de Europa do gas ruso. Podería calquera de nós descubrir múltiple causas para entender a razón destes prexuízos, mais  a orixe vén da gazpromrusofobia (da URSS) dos tempos da guerra fría, tamén como produto mediático do debate político-social entre o sistema capitalista e o socialista. A rusofobia dos tempos actuais (da Federación Rusa) é creada mediaticamente polo poderoso entramado estadounidense para facilitar a continuación da  neocolonización ( iniciada pola terrible administración Reagan e continuada polos presidentes imperialistas George Bush e George Bush-fillo) das ex – repúblicas socialistas europeas, grazas ao bo resultado que lle dou abrir novas bases militares USA nos novos países europeos da UE (que, sen dúbida,  seguirá co novo emperador Obama). A isto debemos sumarlle a situación da coñecida como vella Europa, que aínda está alimentada por esas desfasadas etiquetas. A este caldo fáltanlle  elementos, polo tanto imos engadirlle o desexo de Rusia de adquirir parte do seu anterior status de potencia económica e militar (necesaria para frear a colonización do seu patio traseiro) e o malestar da UE e dos USA por ter que compartir protagonismo cos novos actores na escena mundial (entre eles China, India, Brasil, máis a novamente puxante Rusia, coñecidos como os países BRIC e que alcanzarán un forte peso no mundo arredor do 2.050 ).

Nesas circunstancias hai posibilidade dunha alternativa viábel ao gas ruso?  Quen busca esa alternativa? Incrementarase a desconfianza entre Europa e Rusia ou aumentará a confianza? Read the rest of this entry »