Balonmán: Xogamos o domingo en Carballo (capital da comarca de Bergantiños)

Mañá,  domingo  4 de xaneiro, a partir das 6 da tarde, en Carballo (capital da comarca de Bergantiños)  celebrarase un novo encontro das seleccións galegas.  Mais  non é a de fútbol, será a absoluta masculina de balonmán, quen recibirá ao combinado de Arxentina.
balonman
Este partido vai ser  un clamor na defensa das nosas seleccións nacionais e do noso dereito a competir internacionalmente. O pavillón municipal Vila de Noia de Carballo, onde se xogará ese interesantísimo partido, debe estar a reventar mañá domingo. Entre tod@s debemos apoiar as nosas cores nacionais. Agardamos que o   apoio que recibiu o fútbol por parte dos siareiros  poidamos trasladalo tamén ao balonmán. Que vivamos, como galegas e galegos que somos, unha fermosa e deportiva tarde  camaradas!!!

 

Deixa unha resposta