PSOE e PP: o mesmo sistema de voto de residentes ausentes é!!!
Posted in Galiza on 01/24/2009 11:41 pm by Xosé AntónComenta a prensa escrita que o candidato do PSOE ao Parlamento Galego, Emilio Pérez Touriño, está moi molesto
pola decisión da Xunta Electoral Central de “limpar”, aínda que sexa só un pouquiño, o sistema de voto dos residentes ausentes. Dese xeito, os emigrantes deberán adxuntar unha copia do D.I ou pasaporte (aparte do sobre que conteña a papeleta) para a súa identificación. Para non recoñecer que a día de hoxe non existen garantías de que o voto dos residentes ausentes sexa tan limpo como o que emiten os residentes no país, afirma “respectar” o ditame do organismo electoral. A súa compañeira de Partido, Marisol Soneira, dende Uruguai, criticou abertamente unha medida que, afirma, converte os emigrantes en “cidadáns de segunda” (por ter que identificarse igual que cando nós imos depositar o sobre coa papeleta na urna. Igual non, xa que a eles chégalles cunha copia, non necesitan o orixinal como na Galiza, e unha copia sempre se pode falsificar de xeito máis doado). Tamén o portavoz do PSOE José Blanco dixo en Caracas (Venezuela) ante os emigrantes que a medida supón “trabas para exercer o dereito ao voto”. O BNG, mostrou a súa “sorpresa” pola reacción antidemocrática do partido socialista. Read the rest of this entry »