Archive for Xaneiro 23rd, 2009

Ana Pontón e Xosé Regueira presentan na Laracha o programa de goberno do BNG

tarxeton_galegas_2009_modif11

Hoxe, venres  23 de xaneiro, a deputada e candidata do BNG pola provincia da Coruña, Ana Pontón Mondelo  presentará con Xosé Regueira Varela, Responsábel Comarcal e candidato ao Parlamento Galego por Bergantiños,  o balance do traballo realizado polo BNG  na Xunta de Galiza e apresentarán as propostas de goberno para os próximos catro anos.

Entre as prioridades anticipadas por Xosé Regueira está importantes  investimentos en infraestructuras, en innovacións tecnolóxias, actuacións no medio rural, vivenda, industria, benestar social ou equipamentos, entre outros.

Se queres coñecer máis do programa de goberno do BNG podes asistir ao acto a celebrar hoxe venres, no Hotel ABC ás 21:00 horas.

Intervencións:

Xoán Manoel  Sande Muñiz, Portavoz Municipal do BNG  no concello e deputado Provincial

Carolina Castiñeiras Brandón, Responsable Local do BNG e Concelleira do Grupo Municipal

Xosé Regueira Varela, Responsable Comarcal do BNG e Candidato  de Bergantiños ao Parlamento

e Ana Pontón Mondelo, Deputada e nº 2 da candidatura do BNG ao Parlamento Galego pola  Coruña

Podes acceder a unha pequena biografía dos candidatos clicando en Read the rest of this entry »

 

Informe da ONU: Venezuela ten un dos Índices de Desenvolvemento Humano máis altos do continente.

Informe da ONU: Venezuela ten un dos Índices de Desenvolvemento Humano máis altos do hugo-chavez-e-o-pobo-venezolanocontinente.
Máis de 2 millóns de venezolanos saíron da pobreza nos 10 anos  de  Revolución Bolivariana

Publica Diego Olivera, de Barómetro Internacional, que o presidente venezolano presentou un informe na Asemblea Nacional (AN é o Parlamento)  onde indicou que “logo da primeira década de cambios revolucionarios en Venezuela, a cantidade de cidadáns que permanecían clasificados baixo os índices de pobreza diminuíu significativamente e en especial falou dos números rexistrados no ano 2008, no cal máis de 400 mil venezolan@s deixaron de considerarse socialmente como pobres. Agregando que estas cifras corresponden ás distintas variables de medición en canto a niveis de pobreza, por exemplo: ingreso per cápita, niveis de acceso a servizos, educación e saúde, entre outros aspectos.

O presidente Chávez dixo que, segundo datos emanados dun recente informe do Programa de Nacións Unidas para o Desenvolvemento, Venezuela aumentou sete puntos na última década e elevouse do rango de medición media ao rango alto. Esta táboa de medición sitúase do seguinte xeito: de 0 a 0,5 baixo; de 0,5 a 0,8 media e de 0,8 a 1 como alto. Na actualidade, Venezuela sitúase dentro do rango de 0,8 a 1, é dicir, no nivel alto en canto ao Índice de Desenvolvemento Humano, un dos máis altos no continente. Read the rest of this entry »