Posted in Galiza on 01/22/2009 11:23 p.m. by Xosé Antón
Sacado de xornal.com:
A enquisa elaborada por Quadernas Consultoría para Xornal de Galicia no marco da precampaña do 1-M revela que a maior parte dos electores observan ao galego nunha posición de «inferioridade en relación ao castelán», cun 42,2 por cento, ou que ambas as linguas gozan, na actualidade, dunha «igualdade de condicións», segundo o 41,5. Apenas un 11 por cento dos enquisados avala as posicións dos grupos que consideran que o castelán estea prexudicado.
A normalización da lingua galega e o papel que os poderes públicos deben xogar neste proceso estivo, ao longo de boa parte da lexislatura, en primeira liña do fogo político, unha circunstancia que se reproduce na actual precampaña electoral. Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 01/22/2009 02:38 a.m. by Xosé Antón
Catro anos despois de encumbrarse no PP de G, Alberto Núñez Feijoo completa a prometida renovación do
PPdeG. A proba do cambio está nas listas ao Parlamento que el mesmo presentou este mércores en Compostela. Din varios medios que pouco queda daquel partido conservador que mandaba (a iso non se lle podía denominar «gobernar») até 2005 e que facía enormes esforzos para manter o equilibrio entre urbanitas e rurais ( os das boinas). Agora semella que todos saíron dun cocido ideolóxico foráneo, que tanto se pode presentar en Valladolid como nunha das catro actuais provincias da Galiza. Por exemplo Corina Porro nunha conferencia celebrada na cidade de Vigo mostrouse segura de que se os conservadores volven á Xunta de Galiza terán como obxectivo prioritario derogar o decreto de galeguización aprobado en 2007. Máis datos aquí
Posted in Galiza on 01/22/2009 02:16 a.m. by Xosé Antón
Segundo un inquérito de Quadernas Consultoría para o Xornal de Galicia, o 51,2% d@s galeg@s considera que conseguir a súa aprobación será unha das principais tarefas da próxima lexislatura. Non concorda con esa apreciación o 31%, mentres que o 17,7 non sabe ou non contesta.
Comenta ese xornal que os que reciban o encargo de gobernar a Xunta herdarán unha das prioridades para a nova lexislatura: a redacción dun novo Estatuto Galego. Así se desprende da enquisa realizada por Quadernas Consultoría para Xornal de Galicia, segundo a cal máis da metade dos galegos considera a reforma estatutaria como unha das principais tarefas que terá que afrontar o novo Goberno.
En base a estes resultados, e a pesar da porcentaxe de indefinidos que pode comprenderse desde a escasa presenza deste asunto na axenda de PP e PSOE, os partidarios da reforma son a maioría dos enquisados, que superan en algo máis de vinte puntos porcentuais aos que non a ven como unha necesidade básica dos seguintes catro anos no Goberno de San Caetano, que segundo os resultados desta mesma enquisa publicados por Xornal de Galicia podería repetir a fórmula bipartita pero con máis presenza nacionalista Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 01/22/2009 01:47 a.m. by Xosé Antón
Sacado de GZ Nación:
O conselleiro de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal, afirmou que a constitución do Grupo Lácteo Galego pode ser unha realidade na próxima lexislatura, posto que nos últimos catro anos “sentáronse as bases” para que poida xerminar un proxecto empresarial desa envergadura. De feito, recordou que o “mundo cooperativo” conseguiu, grazas ao concurso eólico, unha “capitalización” que lle permitirá “consolidar” esta iniciativa nos
próximos catro anos.
Suárez Canal referíase ao proxecto “Ventos Cooperativos”, que foi presentado ao concurso eólico polas sociedades Icos e Os Irmandiños, con sede en Chantada e Ribadeo (Lugo), respectivamente, así como Feiraco, ubicada en Ames (A Coruña), e Cooperativas Lácteas de Galicia (Colaga), cuxa base de operacións está en Silleda (Pontevedra). Read the rest of this entry »
Posted in Mundo on 01/22/2009 01:03 a.m. by Xosé Antón
Tamén os estudantes, a traves das manifestacións, teñen dous xeitos de entender o pasado, o presente e ver o futuro de Venezuela. Nesta ocasión poño dúas manifestacións que definen a sociedade que queren para o seu país. A primeira, de carácter pacífico, na que aparecen estudantes Bolivarianos que apoian a Chávez (por desenvolver o dereito a un ensino público, gratuíto e de calidade) piden o si para o referendum da emenda constitucional. A segunda manifestación excesivamente violenta (sabían que non tiñan o permiso para ese día) de estudantes do ensino privado apoiada pola dereita reaccionaria e os medios masivos de (des)información (o imperio mediático Glovovisión e similares) en contra da Revolución Bolivariana e do referendum. Fixádevos nos vídeos dándolle a Read the rest of this entry »