Posted in A Costa da Morte on 01/20/2009 09:51 pm by Xosé Antón

O Vindeiro venres, 23 de xaneiro o BNG iniciará a precampaña na Comarca de Bergantiños cun acto público na Laracha.
Este acto celebrarase no Hotel ABC ás 21:00h e intervirán:
Carolina Castiñeiras, Responsable Local do BNG e Concelleira,
Xoán M Sande, Portavoz Municipal do BNG e Deputado Provincial
Xosé Regueira, Responsable Comarcal do BNG e Candidato de Bergantiños ao Parlamento Galego
e Ana Pontón, Deputada e nº 2 da candidatura do BNG ao Parlamento pola Provincia da Coruña
Posted in Galiza on 01/20/2009 01:44 am by Xosé Antón
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Blanco (BNG), garantiu hoxe que ningún dos aeroxeradores que se
poñerán en marcha a partir de agora ocupará espazo na actual Rede Natura. “Ningún aeroxerador se vai poñer na Rede Natura“, declarou o titular de Industria en resposta ao conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, que sostén que o 30% dos novos parques eólicos ocupa espazos protexidos da Rede Natura. Semella que Manuel Vázquez (PSOE) quere tapar os seus múltiples problemas de xestión espallando mentiras. Máis información
Posted in Mundo on 01/20/2009 01:11 am by Xosé Antón
Presionado cada vez máis polos custos políticos polo coñecemento público da masacre, pola resistencia e dignidade de
Hamás a asinar unha tregua do “vencido”, e por unhas mobilizacións sociais que incidían na necesidade dun boicot internacional na súa contra (iniciado con determinante valentía polos gobernos de Venezuela, Irán, Cuba e Bolivia) o exército sionista decretou unha tregua unilateral en Gaza que lle permitiría ao novo presidente estadounidense (Barack Obama) celebrar relaxado a súa investidura imperial.
Logo dunha estudada operación militar de exterminio na que asasinou a 1300 palestinos, feriu a máis de 6.000, terminou coa vida duns 400 nenos, feriu a máis de 1200, asasinou arredor de 200 mulleres, esnaquizou en máis dun 70% a infraestrutura de Gaza, provocou unha terríbel catástrofe humanitaria, a Israel fáiselle moi difícil convencer ao mundo civilizado ( non considero neste apartado aos gobernos europeos, USA, Exipto, Xordania e Arabia Saudita) que todo esa masacre e destrución foi cometida só para defenderse do que eles chaman “terrorismo”. Un responsable de Hamás indicou que 5.000 casas, 16 edificios gobernamentais e 20 mesquitas quedaron destruídas durante a ofensiva israelí, mentres que outras 20.000 casas resultaron danadas. Pola súa banda, fontes médicas en Gaza precisaron que entre os preto de 1.300 mortos había polo menos 700 civís. Read the rest of this entry »