Archive for Xaneiro 18th, 2009

Cando se trata de defender Galiza, todas as galegas e galegos somos…


O candidato do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza e portavoz nacional da fronte, Anxo Quintana, apelou onte, sábado, aos máis de 3.000 militantes e simpatizantes asistintes á Convención Electoral Nacional de presentación das candidaturas do BNG, a traballar “barrio a barrio, casa a casa e pobo a pobo, como sempre fixo o nacionalismo”, e utilizando “toda a capacidade de seducción” porque “cada apoio ao Bloque é un si ao respecto por Galiza” e coa vitoria dos nacionalistas “gaña o país”.

 

O primeiro ministro palestino, Ismail Haniyeh, diríxese desde Gaza aos lectores occidentais: A miña mensaxe a Occidente

Escribo este artigo aos lectores occidentais de todo o espectro político e social mentres a maquinaria de guerra ismail-haniyeh-e-o-primeiro-ministro-do-goberno-palestino-en-gazaisraelí continúa a matanza do meu pobo en Gaza. Até a data, máis de 1.000 persoas foron asasinadas, a metade das cales son mulleres e nenos. A semana pasada o bombardeo á escola da UNRWA (Axencia de axuda aos refuxiados das Nacións Unidas) no campamento de refuxiados de Jabalya foi un dos crimes máis despreciábeis que se poidan imaxinar, mentres centos de civís deberon abandonar os seus fogares en busca de refuxio na sede do organismo internacional só para resultar bombardeados sen piedade por Israel. Corenta e seis nenos e mulleres foron asasinados nese odioso ataque e decenas de persoas máis resultaron feridas.
Evidentemente, a retirada de Israel da Faixa de Gaza en 2005 non puxo fin á súa ocupación nin, en consecuencia, ás súas obrigas internacionais como potencia ocupante. Seguiu controlando e dominando as nosas fronteiras por terra, mar e aire. De feito, as Nacións Unidas confirmaron que entre 2005 e 2008, o exército israelí matou a case 1.250 palestinos en Gaza, incluídos 222 nenos. Durante a maior parte deste período os cruces de fronteira permaneceron pechados, permitindo só o acceso dunha cantidade limitada de alimentos, combustible industrial, alimentos para animais e outros artigos esenciais.

A pesar dos seus frenéticos esforzos por ocultalo, a causa fundamental da guerra criminal de Israel en Gaza é Read the rest of this entry »

 

O presidente de Irán, Mahmud Ahmadineyad, pediu aos países musulmáns e árabes que corten as súas relacións políticas e económicas co réxime sionista.

Ahmadineyad fixo esta petición desde a tribuna dun cumio extraordinario de mandatarios de estados membros da presidente-de-iran-mahmud-ahmadineyadLiga Árabe en Doha, Qatar. O presidente iraniano asistiu por invitación do emir de Qatar (Irán non é un país árabe, polo que non é membro desta liga). “Seguro que hoxe é un día crucial na historia do pobo musulmán pois o réxime artificial sionista está incorrendo nos crimes e matanzas máis salvaxes contra a poboación oprimida e indefensa de Gaza, un territorio acurralado que está sendo atacado.”

Na súa intervención, do venres 16 pola tarde, Ahmadineyad sinalou como “os soldados deste réxime agresor están embistindo até contra os edificios habitados, os hospitais e os centros adscritos a institucións internacionais así como contra as axencias de prensa, atacan á poboación utilizando as armas máis sofisticadas e cos seus medios de guerra, tanto de terra como de aire, convertendo a mulleres e nenos indefensos no albo dos seus proxectís.” Read the rest of this entry »