BNG: non haberá parques eólicos na Rede Natura. Quen indique o contrario pretende confundir á xente
Posted in Galiza on 01/17/2009 02:15 pm by Xosé AntónO Plano Eólico cumpre estritamente coa Rede Natura
Ante as informacións publicadas estes días en algún medio de comunicación, o BNG desminte rotundamente que se vaian construír novos parques eólicos en espazos protexidos. Nesa liña, a até agora portavoz de Medio Ambiente do Parlamento Galego, Ana Pontón, asegura que “non haberá parques eólicos na Rede Natura” e asegura que “calquera afirmación na que se indique o contrario é pura fabulación e constitúe unha tentativa de confundir á xente”
De feito, o novo Plano Sectorial Eólico é a primeira norma aprobada en Galiza que impide, por lei, a instalación de parques eólicos na rede natura. Read the rest of this entry »