Posted in Galiza on 01/16/2009 08:32 p.m. by Xosé Antón
O vindeiro domingo 18 de xaneiro, ás 12:00 na alameda da capital de Galiza, as galegas e galegos
manifestaremos o noso rexeitamento máis categórico aos crueis ataque cometidos por Israel contra o desarmado pobo palestino, a nosa total solidariedade e o noso apoio á causa palestina. Non faltes! Únete a esta xusta protesta.
Israel leva asasinado até agora 1.169 persoas e 5.100 están feridas nunha operación terrorista que pretende eliminar o maior número de palestinas e palestinos posible.
Unha moi clara intervención do representante permanente da República Bolivariana de Venezuela nas Nacións Unidas, embaixador Jorge Valero . Venezuela, Cuba e Bolivia son un exemplo a imitar na dignidade e humanidade amosada. Non como fixo a calada e hipócrita Unión Europea
Read the rest of this entry »
Posted in Galiza on 01/16/2009 08:14 p.m. by Xosé Antón
Non podemos poñer en dúbida os resultados electorais, é un flaco favor ao país», aseguraba onte Touriño
O BNG dá por feito que nos comicios do próximo 1 de marzo volverán votar persoas falecidas e cualifica esa situación
de escándalo antidemocrático inconcebíbel “É evidente que a día de hoxe non existen garantías de que o voto dos residentes ausentes sexa tan limpo como o que emiten os residentes no país”. Ninguén está pondo en cuestión o resultado eleitoral, non hai que poñerse tan nervosos e non hai que desviar a atención sobre o esencial. O esencial é que a día de hoxe as condicións en que os emigrantes emiten o sufraxio non reúnen as mesmas garantías democráticas que as que rexen para os que votamos en Galiza, denunciou hoxe o secretario de Organización do BNG, Alberte Ansede.
Máis datos
As novas máis recentes do voto exterior:
No Xornal En A Nosa Terra En GZ Nación
Posted in Galiza on 01/16/2009 07:15 p.m. by Xosé Antón
Ou o decreto de galeguización do ensino ou eu. Iso é o que dixo a presidenta do PP vigués, Corina Porro.
Nunha conferencia celebrada na cidade de Vigo a senadora mostrouse segura de que se os conservadores volven á Xunta de Galiza van rematar coa política lingüística do bipartito. O obxectivo prioritario é derrogar o decreto de galeguización aprobado en 2007, que obriga a que un 50% das materias se impartan na lingua do país. A ex alcaldesa de Vigo mostrouse tan convencida dos plans do seu partido que chegou a dicir publicamente que se o PPdeG non cumpre a súa palabra ela abandonará a política. Pois manda truco, xa a política lingüística (até de agora en mans do PSOE) vai a paso de tartaruga, cando non estancada e agora @s do PP pretenden que o idioma galego desapareza.
Read the rest of this entry »