Posted in Galiza on 01/15/2009 11:11 p.m. by Xosé Antón
Na entrevista en Vieiros, a conselleira nacionalista de Vivenda fala da súa entrada no BNG como un proceso de
integración nun positivo proxecto transformador de País e que dende a súa profesión como arquitecta sempre estivo implicada no desenvolvemento das políticas desde o Colexio de Arquitectos de Galiza, entendendo que podían axudar a facer unha Galiza mellor. Comenta que, grazas a que o BNG entrou no goberno da Xunta, a vivenda pasou de ser un negocio dos grandes especuladores a ser, na práctica, un dereito básico das maiorías sociais. Enténdese dese xeito o ataque mediático que recibiu a consellería da que é titular para tentar presionar ao BNG. Engado este comentario persoal para convidarvos a ler a entrevista realizada por Vieiros
Posted in Mundo on 01/15/2009 07:30 p.m. by Xosé Antón
Video do comunicado do goberno venezolano recriminando a actitude terrorista de Israel. Venezuela e Bolivia romperon relacións co estado xenocida israelí.
Israel bombardeou unha sede da ONU para refuxiados que albergaba 700 persoas e un hospital da Media Lúa Vermella Palestina en Gaza
Intensos bombardeos provocan o terror na Cidade de Gaza. Centos de palestinos que buscaron refuxio nun hospital foron tiroteados por francotiradores israelís que tamén bombardearon o hospital. Nacións Unidas confirmou que a súa sede principal en Gaza foi bombardeada con fósforo branco este xoves. Toneladas de axuda humanitaria arden, mentres Israel demostra, unha vez máis, non coñecer os límites Read the rest of this entry »
Posted in Mundo on 01/15/2009 01:25 a.m. by Xosé Antón
O goberno da República de Bolivia, rompeu oficialmente este mércores relaciones diplomáticas con Israel e anuncia demanda na Corte Penal Internacional por xenocidio contra o presidente e o primeiro ministro israelí como mostra de condena aos ataques desmesurados do exército hebreo á poboación da Faixa de Gaza. Nun breve comunicado lido polo presidente Evo Morales fronte aos medios de comunicación, en protesta polos ataques israelís na faixa de Gaza que deixaron 1.035 persoas mortas e 4.850 feridas (Varios reportes recibidos polo grupo de dereitos humanos israelí B’tselem e pola BBC describen como o exército israelí está disparando a eito contra civís desarmados que foxen do conflito, até con bandeiras brancas).
Bolivia é o segundo país de América Latina que reacciona contra a agresión israelí despois de que o presidente venezolano, Hugo Chávez, expulsase o pasado 6 de xaneiro ao embaixador israelí en Caracas, pola agresión xenocida que Israel mantén en Gaza( Palestina).
A comunidade palestina en Bolivia agradeceu este mércores a decisión do presidente Evo Morales de Read the rest of this entry »
Posted in A Costa da Morte on 01/15/2009 12:41 a.m. by Xosé Antón
Os Penedos de Pasarela e Traba xa son considerados Paisaxe Protexida, sendo o segundo enclave de Galiza con esa
distinción, entrando no catálogo de espazos protexidos do noso País e sometido a un réxime especial de conservación e protección pola Xunta de Galiza. A tramitación administrativa iniciarase coa apertura do expediente en maio do 2008, aínda que comezara no 2006 , a través dunha proposición non de lei do portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich Cano.
O BNG consideraba a iniciativa de máxima urxencia, tendo en conta de que o Concello de Vimianzo estaba tramitando unha solicitude da empresa Extracción e Transformación de Granito para a instalación dunha nova canteira, no lugar coñecido como Galla da Pena Forcada. O alcalde socialista de Vimianzo, que quería que se levase a cabo a canteira prevista, presentou unha querella contra o portavoz do BNG no Parlamento Galego(foi arquivada pola fiscalía). O BNG pedía ademais Read the rest of this entry »