Posted in A Costa da Morte on 01/12/2009 10:54 p.m. by Xosé Antón
A sociedade pública “SEA, S.L.” anunciou, hai uns días, a adxudicación provisional do contrato de urbanización e
conexións exteriores das obras do parque industrial da Laracha á empresa “Fomento de Construcciones y Contratas”, por un importe de 9.600.197,40 euros, e o contrato de dirección de obra á empresa “Proyfe S.L.” por un importe de 297.865 euros.
Unha vez feitas as adxudicacións provisionais, abrirase o preceptivo prazo de exposición e, rematado o mesmo, resolveranse as alegacións que se presentasen, elevándose esta adxudicación a definitiva para comezar as obras do Parque Empresarial. Todo camiña como explicaran desde a delegación provincial da Consellaría de Vivenda e Solo.
Pero as polémicas non rematan. Agora o Grupo do goberno municipal da Laracha (PP) dí, en resposta ao BNG, que nunca pensou nun polígono privado, que estivo sempre implicado coa construción do parque empresarial e realizou nos últimos cinco anos moi diversas xestións para impulsar esta actuación(!!!).
Se miramos cara atrás vemos que iso non é así Read the rest of this entry »
Posted in Mundo on 01/12/2009 02:03 a.m. by Xosé Antón
A partir do sábado pasado iniciáronse as transmisións para as telecomunicacións, telemedicina e educación a distancia. Prevese executar fábricas de satélites en Venezuela. 16 mil antenas de transmisión instalaranse en cinco anos en todo o país.
Así o manifestou o xefe de Estado Hugo Chávez Frías, ao recibir á información dos técnicos da República Popular China (país que construiu e transferiu á tecnoloxía a Venezuela). O presidente Chávez, nun acto informal, reiterou o agradecemento á República Popular de China pola transferencia tecnólogica adquirida. Indicou que, «Hai que producir alimentos, ciencia e dignidade».
Cabe destacar, que o satélite Simón Bolívar será dedicado en 41,5% á saúde, 20,9% a educación, 15,9% ao traballo comunal e 6% a programas de alimentación, entre outros. Entre os beneficios que o satélite venezolano ofrecerá de agora en diante, atópase a telemedicina, un elemento que impactará substancialmente ás persoas que pola distancia da súa residencia non teñen a facilidade de realizarse importantes exames médicos. A telemedicina brindará a cidadáns a opción de realizarse radiografías, ultrasonidos, resonancias magnéticas ou mamografías en calquera centro médico do país, suprimindo a necesidade de percorrer grandes distancias para ser atendidos. Read the rest of this entry »
Posted in A Costa da Morte on 01/12/2009 12:49 a.m. by Xosé Antón
A Consellaría de Vivenda quere adquirir os terreos da Agra da Lagoa (Carballo) de mutuo acordo coas persoas propietarias pois, como sinalou, non pretende expropiarllos. Ademais xa se falara da posibilidade de que participasen no
desenvolvemento urbanístico do terreo sinalado no Plan de Vivenda.
Mais, cal é a razón de que algún non estea a escoitar a proposta ? Read the rest of this entry »