Archive for Xaneiro 11th, 2009

Castelao como síntoma. Artigo de Francisco Rodríguez Sánchez para ler e aprender

Propóñovos ler un interesante artigo que  Francisco Rodríguez puxo no seu blogue e que tamén aparece nun xornal castelaogalego. Comeza o artigo sinalando que este mes é o do nacemento e a morte de Castelao. No 2009 cúmprense 25 anos da traída dos seus restos mortais desde Buenos Aires para depositalos en San Domingos de Bonaval. Foi unha traída patrocinada e controlada polos que nunca acreditaron na súa obra nen so seu pensamento. Realizouse nun contexto de severas limitacións anti-democráticas, co nacionalismo expulsado do Parlamento Galego. Inevitabelmente foi contestada polos que, no plano ideolóxico e político, nos considerabamos continuadores da súa obra seguir lendo

 

Plan de Vivenda será positivo para colectivos desfavorecidos e reactivará o sector

 A conselleira de Vivenda e Solo, a nacionalista Teresa Táboas, salientou o “marcado carácter social” da nova Lei de Vivenda aprobada  que recolle as medidas necesarias para “facer efectivo” o dereito á vivenda en compra ou aluguer.

O texto está “empapado de medidas de carácter social, orientadas á mellora da calidade de vida, á cohesión social, a loita contra a segregación por mor da vivenda, e a atención aos sectores desprotexidos”, explicou duranplan-sectoral-de-vivenda-protexidate a intervención na que agradeceu e valorou o traballo feito polo Cámara durante a tramitación parlamentar, cuxas aportacións “contribuíron a enriquecer” o texto.

Teresa Táboas, que colocou o acceso á vivenda no mesmo rango ca política sanitaria ou educativa, salientou ademais a “oportunidade” desta nova Lei de Vivenda  nun momento de crise que agrava o acceso dos galegos a unha residencia, polo que fai preciso contar con “ferramentas xurídicas” que os amparen. Read the rest of this entry »

 

Galiza contra a agresión ao pobo palestino: Manifestación Nacional en Compostela

O vindeiro domingo 18 de xaneiro,  ás 12:00 na alameda compostelana,  as galegas e galegos galiza-por-palestina1manifestaremos o noso rexeitamento máis categórico aos crueis ataque cometidos por Israel contra o desarmado pobo palestino,  a nosa total solidariedade e o noso apoio á causa palestina. Non faltes!  Únete a esta xusta protesta.

Israel leva asasinado até agora  820 persoas e 3.300 están feridas, na terceira semana da  invasión de Gaza, nunha operación terrorista que pretende eliminar o maior número de palestinas e palestinos posible. Estas vítimas súmanse aos máis de 5.000 palestinos mortos desde setembro do ano 2000, en que empezou a rebelión contra o Estado israelí na coñecida como Segunda Intifada, e onde tamén morreron máis de 900 nenas e nenos.

A Oficina bandeira-palestinade Coordinación dos Asuntos Humanitarios (OCHA) da ONU destacou que a ofensiva israelí na Franxa provocou “o maior número de desprazados forzosos palestinos desde 1967″.

 Israel mantén unha política de campos de concentración, co obxectivo manifesto de ter controlada a poboaciónos-novos-nazis-sionistas palestina, ocupar os seus territorios, roubar os seus escasos recursos naturais e destruír infraestructuras: casas, hospitais, centros sociais e culturais, sen respectar o Dereito Internacional nin as bandeiras da ONU. Debemos denunciar aos estados europeos, que como o español, toman parte por Israel, ao acusar ás vítimas da acción dos verdugos, Alén do máis, o actual goberno español é cómplice activo ao venderlle ao exército israelí armas que se poden estar a usar.