O xenocidio palestino: Gaza desaparece afogada en sangue pola crueldade de Israel
Posted in Mundo on 01/10/2009 01:49 a.m. by Xosé AntónUn informe da ONU revelou que Israel bombardeou unha vivenda na que previamente refuxiara uns 110 civís, a metade deles nenos, e causou a morte de polo menos unha trintena de persoas.
O documento, baseado en declaracións de testemuñas, indica que soldados de infantería israelís evacuaron aos palestinos e refuxiáronos nunha vivenda residencial, advertíndolles que debían «quedar dentro». Unhas 24 horas despois, as forzas hebreas «bombardearon a casa repetidamente». Ocorreu o domingo pasado na zona de Zeitun, na cidade de Gaza (Palestina).
A Cruz Vermella Internacional afirmou que non tivo acceso á zona até o mércores. Ao chegar, os cooperantes atoparon varios cadáveres e persoas agonizando, incluíndo nenos. O organismo condenou a Israel por violar a lexislación internacional ao negar aos equipos médicos acceso ao lugar.
«Dacordo a varios testemuños, o 4 de xaneiro soldados de infantería israelís evacuaron aproximadamente a 110 palestinos a unha casa residencial en Zeitun, advertíndolles que permanecesen dentro», afirma o informe de Nacións Unidas.
«Vinte e catro horas despois, as forzas israelís bombardearon a vivenda repetidas veces, matando aproximadamente a 30 persoas». Read the rest of this entry »