Archive for Xaneiro 6th, 2009

Venezuela expulsa ao embaixador Israelí polo xenocidio cometido contra o pobo Palestino

Demostrando ser un digno e humano dirixente do pobo, Hugo Chávez asina a expulsión do embaixador de Israel en si-presidente-hugo-chavez-un-digno-presidenteprotesta polo xenocidio cometido polo exército sionista contra a poboación  desarmada de Gaza. Que fan os “demócratas”  e hipócritas dirixentes europeos? A poboación debería lerlle a cartilla a eses silenciosos  gobernantes, membros da procesión dos caladiños. Falarán cando lles digan desde EE.UU o que teñen que dicir,  acusarán ás palestinas e palestinos de ser os culpábeis de ser invadidos por un enorme exército de asasinos? Falarán cando non haxa ninguén que masacrar en Gaza?  Só coñezo unha postura clara e similar á de Hugo Chávez nese aspecto: a do BNG.

A través dun comunicado do Ministerio do Poder Popular para as Relacións Exteriores, o Goberno venezolano tomou a decisión da expulsar ao embaixador israelí na República Bolivariana de Venezuela en protesta polos ataques de Israel contra a poboación na Franxa de Gaza.

Os inclementes ataques das forzas militares de Israel, causaron a morte de máis de 600 persoas en Gaza, moitos deles mulleres e nenos. A pesar de que Israel di somentes atacar obxectivos militares de Hamas (organización que goberna a franxa de Gaza, logo de ser electos democraticamente) a realidade amosa que asasina a calquera que se atope diante das bombas e misiles sionistas.

A continuación o comunicado emitido pola cancillería Venezolana: Read the rest of this entry »

 

Xulgar na Corte Penal Internacional ao primeiro ministro de Israel, Ehud Olmert, xa!

O presidente venezolano, Hugo Chávez, exhortou hoxe a xulgar na Corte Penal Internacional ao primeiro ministro deolmert-criminal Israel, Ehud Olmert, pola súa agresión á Franxa de Gaza, que xa causou máis de 500 mortos entre a poboación civil. Debería ser levado a unha corte penal internacional (o de Israel) xunto ao presidente de Estados Unidos (George W. Bush) se houbese vergoña no mundo, expresou o mandatario en declaracións aos reporteiros.

Fracaso e hipocrisía de Sarkozy
Máis de 500 mortos ao lado palestino e apenas catro de Israel puxeron ao descuberto unha vez máis a realidade do que ocorre na Franxa de Gaza cos desapiadados ataques militares do réxime de Tel Aviv.

 En Francia,  aumentaron as críticas polo fracaso da xestión mediadora iniciada onte polo presidente dese país, Nicolás Sarkozy,  como o seu aliñamento velado coas autoridades do Estado hebrero, apuntou axéncia Prensa Latina. Durante a noite, segundo informou a axencia Reuters, constatáronse duros ataques do exército israelí nos arredores de Cidade de Gaza. Até agora segundo constataron os corpos médicos palestinos, o número de mortos ascende a 564. Bombardeos israelís deixan polo menos 40 refuxiados palestinos mortos nunha escola da Axencia das Nacións Unidas para os Refuxiados Palestinos (UNRWA) na franxa de Gaza.

O exército israelí informou pola súa banda que a cifra total de palestinos mortos desde o 27 de decembro podería estar preto dos 700.

 

1 de marzo do 2.009: Comeza a conta atrás para Galiza nunhas eleccións históricas

O Vicepresidente Anxo Quintana augura un resultado histórico.galicia_bandeira1

Anxo Quintana, expresou hoxe o seu convencemento de que o BNG como “forza política ascendente” obterá un “resultado histórico” nas vindeiras eleccións do 1 de marzo ao asegurar que a formación frontista ofrecerá “ideas”, “traballo”, “determinación”, “firmeza”, “diálogo” e “compromiso co país”.

En rolda de prensa para valorar a convocatoria electoral, o tamén portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego lanzou un chamamento a “todas as galegas e  galegos que levan a Galiza no corazón”, galeguistas e nacionalistas para realizar un “esforzo entre todos” que permita, tralo 1 de marzo, facer unha comunidade “máis forte e moito máis respectada”.

Feijóo ve un reto sen precedentes

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, manifestou que as eleccións galegas do 1 de marzo constitúen un “reto sen precedentes” para Galiza e asegurou que, con elas, “chegou o momento de cambiar o rumbo e enderezar unha nave que vai á deriva, sen autoridade do capitán e sen unha dirección coñecida”.

Barcón fala de “paso atrás” si goberna o PP

Pola súa banda, a secretaria de Organización do PSdeG-PSOE, Mar Barcón, considera que “Galicia non pode permitirse nin un paso atrás; un paso atrás representado por Feijoo e os populares que significan para os cidadáns galegos gobernos na cola do benestar social e do desenvolvemento das infraestruturas”.

 

O BNG manifesta a súa repulsa pola “salvaxe agresión” de Israel ao pobo palestino

francisco-jorquera-bng

 O coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, manifestou a “absoluta repulsa e condena do BNG ante a salvaxe agresión do Estado de Israel ao pobo palestino”,.

Esta agresión  provocou máis de 555 mortos e un número superior a 2.700 feridos e mutilados na Faixa de Gaza.

Francisco Jorquera critica tamén “a pasividade e dupla moral da ONU e das grandes potencias ante esta nova violación da lexislación internacional e dos dereitos humanos por parte do Estado de Israel”.

Por último, o responsábel nacionalista manifesta “a solidariedade do BNG co pobo palestino, vítima da agresión imperialista de Israel e do silencio cómplice da comunidade internacional”.

O BNG reclama a suspensión de relacións diplomáticas con Israel até que non cese a agresión militar a Gaza Read the rest of this entry »

 

Chávez cualifica como verdadeira masacre o asasinato colectivo do pobo palestino

hugo-chavez-frias

Chávez expresou: “Toda a nosa solidariedade co pobo palestino. É unha verdadeira masacre. Bombardeos cada 15 minutos, e agora unha invasión terrestre á Franxa de Gaza, apoiada e impulsada polo goberno de Estados Unidos. ¡Que triste que Israel se preste e siga actuando como brazo asasino do Imperio ianqui! E non se sabe que plans teñen para estender a guerra en Oriente Medio e noutras partes do mundo”.

O presidente venezolano confirmou que se reuniu este domingo cun enviado especial do presidente iraniano, e adiantou que “estamos organizando e facendo contactos con outros gobernadores de Oriente Medio, para colaborar modestamente con alimentos e medicamentos”.

“Hai que denunciar ao goberno de Israel como un goberno asasino, un goberno xenocida. O mundo debería porse de pé, os gobernos deste continente, de Europa, do Oriente Medio, de Arabia, o mundo árabe, persa, os grandes países do mundo, deberiamos todos pronunciarnos e esixir, como Venezuela esixe, coa nosa voz e a nosa moral, o cesamento á invasión á Franxa de Gaza e ao asasinato de miles de inocentes”. Read the rest of this entry »