F. Blanco: Utilizar a Administración para boicotear o concurso eólico é prevaricación
Posted in Galiza on 01/05/2009 02:21 am by Xosé AntónO titular da consellaría de Innovación e Industria sinala que “houbo claros intereses de torpedear o concurso
eólico. Houbo informacións que non respondían á realidade. A miña batalla é contra a crise. E non contra ninguén”. Preguntado pola procedencia dos “torpedeos”, apunta que “a cidadanía galega está moi ben informada malia algúns. E sabe a quen me refiro, sen necesidade de dar nomes”. Estimados lectores: hai un artigo anterior neste blogue que trata con claridade este tema. Se lles interesa está na categoría de Galiza ( á esquerda do blogue)Respecto ao abandono da comisión de avaliación do concurso dos representantes das consellerías de Política Territorial e Medio Ambiente, Blanco afirma que “é unha falta. Dous funcionarios tiñan que facer o seu traballo, e non o fixeron. Cometen unha falta grave”. No tocante á prórroga concedida á comisión para rematar o seu traballo, o conselleiro sinala que “a pediron eles (en alusión aos dous funcionarios), e concedeuse unha semana máis”.
O mandatario aclara que cada parque eólico, en función dun proceso reglado, deberá ser aprobado polo Consello da Xunta. “E nada máis. A resolución xa está aprobada, e non irá ao Consello da Xunta. É unha capacidade do conselleiro de Innovación e Industria. E exerceuna”, subliña. Read the rest of this entry »
