Posted in Galiza on 01/04/2009 05:06 pm by Xosé Antón
Axentes da Garda Civil entraron en días pasados na sede de SOGAMA en Cerceda, controlada nun 51 por cento pola
Xunta e nun 49 por cento Fenosa. Acompañados por un secretario do xulgado número 1 da Coruña, incautáronse de varios discos duros e de diversa documentación nunha investigación sobre presunta corrupción na administración da planta de residuos.
O presidente da Sociedade Galega do Medio, S.A. (SOGAMA), José Álvarez Díaz, na guerra interna entre o anterior e actual equipo directivo, apunta que Xosé María Hernández Sanmamed “fillo do ex-conselleiro de Sanidade do goberno anterior” (Xosé María Hernández Cochón) é quen lidera o grupo de denunciantes, a quen acusou de practicar o “nepotismo”. O director defendeu a transparencia da súa xestión e criticou as adxudicacións durante os gobernos do PP.
Dise que o motivo da liorta interna en SOGAMA é que Álvarez , nomeado por Medio Ambiente (PSOE) está co equipo de xestión que se mantén dende as lexislaturas do PP. Read the rest of this entry »
Posted in Mundo on 01/04/2009 12:32 pm by Xosé Antón
Por segundo día consecutivo Israel impide a entrada en Gaza, onde existe unha desastrosa situación humanitaria, dun equipo médico da Cruz Vermella Internacional
que poida curar ás persoas que sufren os bombardeos dos sionistas invasores. Desde que se iniciaron os bombardeos contra Franxa de Gaza, Isarael asasinou máis de 510 palestinos e feriu ou mutilou máis de 3.000. Coa invasión incrementouse considerablemente o número de vítimas civís.
A anunciada incursión israelí en territorio palestino comezou o sábado 3 de xaneiro. Unha columna de tanques, acompañados de miles de soldados e helicópteros de combate, penetraron polo norte da Franxa de Gaza.
Escoitáronse disparos de artillería e fortes explosións.
A incursión foi confirmada por un portavoz militar israelí, previamente uns 10.000 militares estaban preparados para cruzar a fronteira e iniciar a invasión. Aos xornalistas internacionais (Israel) impediulles a entrada a Gaza, onde non hai electricidade, a xente atópase atrapada dentro da Franxa, xa que todas as fronteiras están pechadas. Non hai xeito de entrar nin saír de Gaza.
Os habitantes do norte de Gaza están aterrorizados polos tanques israelís que, xunto aos avións F-16, artillería terrestre e a mariña militar, estaban bombardeando a cidade.
Desde ese momento, “moitas das ambulancias palestinas que saían a facer servizos empezaron a regresar porque non podían chegar aos lugares onde tiñan que atender aos feridos, xa que os impactos dos mísiles fixeron buracos inmensos nas rúas que non lles permiten avanzar”. Read the rest of this entry »