Posted in Galiza on 01/03/2009 05:20 pm by Xosé Antón
Mañá, domingo 4 de xaneiro, a partir das 6 da tarde, en Carballo (capital da comarca de Bergantiños) celebrarase un novo encontro das seleccións galegas. Mais non é a de fútbol, será a absoluta masculina de balonmán, quen recibirá ao combinado de Arxentina.

Este partido vai ser un clamor na defensa das nosas seleccións nacionais e do noso dereito a competir
internacionalmente. O pavillón municipal Vila de Noia de Carballo, onde se xogará ese interesantísimo partido, debe estar a reventar mañá domingo. Entre tod@s debemos apoiar as nosas cores nacionais. Agardamos que o apoio que recibiu o fútbol por parte dos siareiros poidamos trasladalo tamén ao balonmán. Que vivamos, como galegas e galegos que somos, unha fermosa e deportiva tarde camaradas!!!
Posted in Mundo on 01/03/2009 03:14 am by Xosé Antón
Pode semellar unha anécdota, mais é moi impor
tante se temos en conta o bloqueo ao que está sometida cuba desde que fixo uso do dereito a autodeterminación:
A Revolución cubana celebra o seu primeiro medio século coa taxa de mortalidade infantil máis baixa da súa historia, 4,7 por cada mil nados vivos, informan desde a Illa.
Segundo datos divulgados polo xornal Granma, antes de 1959 en Cuba morrían máis de 60 nenos de cada mil nados vivos, en tanto os actuais indicadores superan a media do chamado Primeiro Mundo.
Fontes do Programa de Atención Materno Infantil precisaron que ningún recentemente nado morreu este ano en 26 dos 169 municipios do país, e nove provincias tiveron unha taxa de mortalidade infantil inferior a cinco por cada mil nados vivos.
Estes resultados pon a Cuba por diante até de potencias económicas como Estados Unidos, cunha taxa de mortalidade infantil que roldou os seis por cada mil nados vivos en 2008.
Cuba eleva taxa de natalidade en 2008
No ano recentemente concluído ocorreron uns 10 mil nacementos máis que en 2007, un aumento da natalidade que reverte a tendencia existente ao envellecemento poboacional.
É de felicitar ao sistema sanitario cubano por manter e mellorar tales indicadores pese ao acoso económico desatado por Wáshington desde 1961.
Posted in Varios on 01/03/2009 01:22 am by Xosé Antón
Aínda non teño o blogue totalmente configurado, mais non podo deixar de maldecer aos novos nazis que asasinan centos de persoas en Gaza (Palestina). Por outra banda tamén agardo que , con pacencia e moitismo máis tempo (n0n é unha postura pesimista), os criminais israelíes sexan procesados polos crímenes de guerra que cometeron en Gaza (Palestina) onde levan asasinados até o momento 430 palestinos e outros 2 mil 500 foron feridos desde o 27 de decembro, cando comezou o bombardeo israelí á Franxa de Gaza. Os novos nazis apoiados por portaavións americanos no mar Mediterráneo, que están axudando ás forzas de ocupacion israeli na campaña militar na Franxa de Gaza, dixo este miercoles unha fonte ben informada da intelixencia rusa.
A fonte explicou que un avión de transporte americano foi para ampliar a información e dar apoio loxístico á forza aérea SIONISTA nas súas salvaxes incursións na Franxa de GAZA.
A fonte, que pediu o anonimato, dixo que a Casa Branca aprobara unha proposta por parte dos altos funcionarios, para ofrecer un lote de armamento avanzado á OCUPACION SIONISTA contra persoas practicamente indefensas, a condición de que a operacion non sexa divulgada na actualidade, debido ás actuais condicións sensibles nos EE.UU., tales como a transferencia de poder e a crise economica.