Archive for Xaneiro 1st, 2009

50 anos de revolución cubana e a dignidade volve trunfar en sudámerica e o Caribe

 A revolución cubana derrotou ao ditador Fulgencio Batista. Batista dera un golpe de estado militar en 1933 e consolidou o seu poder até a chegada dos líderes da revolución.

Aínda que se conserva o 1 de xaneiro de 1959 como día do triunfo da revolución, a entrada de Fidel Castro na Habana non se produciu ata o día 8. A xente saíu a recibir ao jeep no que viaxaba o líder dos sublevados contra Batista xunto a Camilo Cienfuegos ou Ernesto Che Guevara. 
O triunfo da Revolución aquel xaneiro de 1959 significou para a nación cubana a posibilidade real, por primeira vez na súa historia, de exercer o dereito de libre determinación.
«A tiranía foi derrocada. A alegría é inmensa. E con todo, queda moito por facer aínda. Non nos enganamos crendo que no adiante todo será máis fácil; quizais en adiante todo sexa máis difícil.»

«O futuro da nosa patria ten que ser, necesariamente, un futuro de homes (e mulleres) de ciencia, de pensamento».
Desa frase pronunciada por Fidel Castro un ano máis tarde, o 15 de xaneiro de 1960, hai que partir, necesariamente, para falar do desenvolvemento científico alcanzado na Illa coa Revolución. Porque a vontade política expresada desde entón foi e continúa sendo o alicerce fundamental dese desenvolvemento.
O avance da Revolución Cubana, ademais de ser un espello da igualdade e xustiza social anticolonialista onde reflectirse,  resultou un paso moi importante, case 50 anos máis tarde,  para a América Latina e o Caribe, no fundamental, pola consolidación e ampliación dos diferentes procesos de transformación social, política e económica que teñen lugar na rexión, caracterizándose, ademais, polas posicións independentes e de defensa da soberanía nacional que se fixeron patentes en diferentes momentos ao longo do actual  período. Primeiro a Revolución Bolivariana de Hugo Chávez, en Venezuela coa Quinta República, Brasil (Lula Dasilva) despois Bolivia (Evo Morales), Ecuador(Rafael Correa), novo xeito de facer política (Kischnerismo) en Arxentina, recuperación do poder Sandinista en Nicaragua (Daniel Ortega), Paraguai (Fernando Lugo), Uruguai (Tabaré Vazquez)…

O réxime de George W. Bush fracasou estrondosamente nos seus intentos por frustrar estes procesos mediante presións, ameazas, chantaxes, utilización da violencia e subterfuxios de todo tipo, pondo en práctica conspiracións e conxuras en complicidade cos seus servidores das oligarquías locais.

Read the rest of this entry »

 

As eleccións ao Parlamento Galego e o manipulable voto d@s residentes ausentes

Non reformar o voto emigrante antes das eleccións galegas é unha fraude antidemocrática, dicía  moi ben o Vicepresidente da Xunta de Galiza, Anxo Quintana, mentres lle reclamaba, ao presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, vontade política para reformar a Lei Electoral. Así os residentes ausentes poderían votar en urna nas vindeiras eleccións ao Parlamento Galego, o 1 de marzo do 2.009. Ademais había tempo, capacidade política e ámbito regulamentario para poder facer esta modificación puntual da lei electoral antes dos comicios, só facía falla que o executivo español presente unha proposición de lei no Congreso dos deputados. Subliñaba Quintana que, de non  facelo, estariamos a asistir a un verdadeiro escándalo antidemocrático, non existindo razón para manter esa situación á que cualificou de “auténtica vergoña”.

Incidía, o Vicepresidente, en que a proposta lexislativa na Cámara española debería recoller o texto pactado polos grupos políticos  no Parlamento Galego, e reivindicaba a necesidade de que estes digan «en Madrid o mesmo que din en Galiza».

Pero o PSOE, que na Galiza dixo defender a reforma do voto emigrante e a necesidade de regular o alcance do dereito ao sufraxio dos residentes ausentes, limitando a súa participación ás Eleccións Xerais a través dunha circunscrición eleitoral propia, actúa doutra maneira en Madrid, bloqueando o proceso para modificar canto antes o sistema de voto dos residentes ausentes.

Como sinalou o portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, «por fin o PSOE se saca a careta e deixa ver ás claras que só aspira a manipular o voto emigrante en lugar de preocuparse por outorgarlle as debidas garantías”. Read the rest of this entry »