Bergantiños: Xosé Regueira Varela na candidatura do BNG ao Parlamento Galego

Tal e como se agardaba, a Executiva Nacional do BNG aprobou este sábado os nomes que deberán referendar hoxe, martes 30 de decembro,  as asembleas comarcais ( onde non se agardan cambios). Nas candidaturas destaca a presenza de cargos do actual Goberno  da Xunta de Galiza e unha medida distribución territorial das comarcas do noso País.

Xosé Regueira  Varela, Responsábel comarcal do BNG lidera a comarca de Bergantiños na lista nacionalista pola provincia da Coruña. É a primeira vez que integra a  candidatura do BNG pola circunscrición da Coruña nas eleccións á Xunta de Galiza. A Executiva Nacional avala, dese xeito, as propostas  que  desde a comarca se presentaron.

 Xosé Regueira Varela, antes de comezar a súa actividade política, xa realizara unha importante actividade cultural no incipiente tecido asociativo da Laracha. Creou,  con outros membros da asociación de Torás, a Garula (a primeira revista cultural que se fixo na localidade) e liderou a constitución de dúas equipas de xadrez federadas coa correspondente escola de formación.  Tempo despois integrou a candidatura do BNG da Laracha que, por primeira vez, acada representación no Pleno da Corporación Municipal. O seu cambio de lugar de residencia (na actualidade está  censado en Carballo) coincide cun novo posto de responsabilidade política: é elixido Responsábel Comarcal do BNG de Bergantiños. Cando o BNG asina un acordo de goberno na deputación coruñesa, compatibiliza a responsabilidade comarcal coa función de asesoramento na Vicepresidencia da deputación.
Datos persoais: Xosé Regueira Varela está casado e ten un fillo.

As candidaturas, por provincias, a referendar polas Asembleas Comarcais son as seguintes:

A Coruña
O líder do BNG, Anxo Quintana, encabezará a circunscrición coruñesa. Na lista proposta pola Executiva figuran logo, por esta orde: Ana Pontón (Compostela); Carlos Aymerich (A Coruña); Ana Luísa Bouza (A Coruña); Fernando Blanco Parga (Ferrolterra); Pura Ferreño Fraga (Betanzos); Manuel Antelo Pazos (Terra de Soneira); Dominga Brión (Barbanza); Xosé Regueira Varela (Bergantiños); Charo Fernández Velho (Ordes); Manuel González López (Muros-Noia); Anabel Ramos Rúa (Arzúa-Melide); Armando Carril Casanova (Arzúa-Melide); Xulia Guntín (Compostela); David Pena Díaz (A Coruña); Rita Couto Seixido (Fene); Iago Varela Martínez (Ferrolterra); Ana Vérez Gómez (Ferrol); Ramón Veras Castro (A Coruña), Dores Torrado Ares (Boiro); Óscar Ínsua (Corcubión); Ánxela Franco (Porto do Son); Mercedes Vidal Baamonde (Ames) e Pablo González Mariñas (A Coruña) .

Pontevedra
A conselleira de Vivenda, Teresa Táboas  é a primeira da lista por Pontevedra. A continuación figuran os seguintes nomes: Henrique Viéitez Alonso (Vigo); Carme Adán (Vigo); Bieito Lobeira (Marín); Carme Dasilva (Pontevedra); Xosé Ramón Paz Antón ( O Condando); Montse Prado Cores (O Salnés); Roberto Mera (O Condado); Iria Aboi (O Morrazo); Xosé Manuel Méndez Díaz (Baixo Miño); Susana Rodríguez Cambón (Deza); Roberto Fernández Lores ( O Salnés); Margarida Caldas Moreira (Pontevedra); Xosé Manuel Martínez Ollea (Mos); Marta Dacosta Alonso (Vigo); Uxío Piñeiro Costa (O Morrazo); Cristina Fernández Piñeiro (Gondomar); Alberte Maceira (Deza); Elsa Quintas (Vigo); Ramón Mouriño Alfonso (Ribadumia); Ánxela Sobral (Soutomaior); e Modesta Riobó (Moaña).

Lugo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco lidera a lista por Lugo. Logo del figuran: Isabel Sánchez Montenegro (Lemos); Manuel Parga (A Mariña); Esther López Rodríguez (Terra Chá); Balbino Fernández López (A Mariña); Cristina Ferreiro López (Lugo); Xosé Manuel Becerra Pardo (Baralla); Dores Fernández Abel (A Mariña); Xosé Antón Ledo Pan (Taboada); Lucía López Sobrado (Sarria); Xerado López Henríquez (A Mariña); Pilar Prieto Pita (Terra Chá); Xosé Chorén Vázquez (Lugo); Pilar López Martínez (Lemos); e Francisco Rodríguez Guerreiro (A Mariña).

Ourense
O titular de Medio Rural, Alfredo Suárez Canal  é o número un da circunscrición ourensá. Detrás estarán na lista: Tareixa Paz (Barbadás); Iago Tabarés (Ourense), Isabel Gacio Pacios (Valdeorras); Anxo Collarte ( O Ribeiro); Tareixa Devesa Graña (Allariz); Óscar Núñez Álvarez (Monterrei); Concha Branco Piñeira (Monterrei); Manuel Amil Otero (O Carballiño); Alba Feixoo López (Allariz); Leopoldo Rodríguez Puga (Celanova); Marta Arribas González (Ourense); Ramiro Sánchez (O Carballiño); e Susana Méndez Rodríguez (Valdeorras).

 

Deixa unha resposta