Archive for Decembro 30th, 2008

Bergantiños: Xosé Regueira Varela na candidatura do BNG ao Parlamento Galego

Tal e como se agardaba, a Executiva Nacional do BNG aprobou este sábado os nomes que deberán referendar hoxe, martes 30 de decembro,  as asembleas comarcais ( onde non se agardan cambios). Nas candidaturas destaca a presenza de cargos do actual Goberno  da Xunta de Galiza e unha medida distribución territorial das comarcas do noso País.

Xosé Regueira  Varela, Responsábel comarcal do BNG lidera a comarca de Bergantiños na lista nacionalista pola provincia da Coruña. É a primeira vez que integra a  candidatura do BNG pola circunscrición da Coruña nas eleccións á Xunta de Galiza. A Executiva Nacional avala, dese xeito, as propostas  que  desde a comarca se presentaron.

 Xosé Regueira Varela, antes de comezar a súa actividade política, xa realizara unha importante actividade cultural no incipiente tecido asociativo da Laracha. Creou,  con outros membros da asociación de Torás, a Garula (a primeira revista cultural que se fixo na localidade) e liderou a constitución de dúas equipas de xadrez federadas coa correspondente escola de formación.  Tempo despois integrou a candidatura do BNG da Laracha que, por primeira vez, acada representación no Pleno da Corporación Municipal. O seu cambio de lugar de residencia (na actualidade está  censado en Carballo) coincide cun novo posto de responsabilidade política: é elixido Responsábel Comarcal do BNG de Bergantiños. Cando o BNG asina un acordo de goberno na deputación coruñesa, compatibiliza a responsabilidade comarcal coa función de asesoramento na Vicepresidencia da deputación.
Datos persoais: Xosé Regueira Varela está casado e ten un fillo.

As candidaturas, por provincias, a referendar polas Asembleas Comarcais son as seguintes: Read the rest of this entry »