Posted in Galiza on 12/26/2008 05:43 p.m. by Xosé Antón

O 14 por cento da potencia eólica será pública.
O que implica que Galiza e as galegas e galegos sexan os grandes beneficiarios desta resolución.
A consellaría de Innovación e Industria acordou hoxe admitir a trámite, trala resolución da comisión de valoración, un total de 2.290 megavatios eólicos, dos 2.325 que se poderían acoller. O 14,2%, un total de 325,74, serán cedidos á Xunta de Galiza, xerando 30 millóns por ano.
O concurso eólico xa ten gañadores tras unha longa tramitación
O grupo máis beneficiado no reparto foi Eólica Galenova -filial de Caixanova-, con 235 megavatios; seguido de Aucosa -que integra varias conserveiras-, con 216 megavatios; de Norvento, con 193,8 megavatios; e de Ventos Cooperativos -que encabeza Feiraco e aposta por un grupo lácteo galego-, con 192.
Así quedou o concurso: Read the rest of this entry »
Posted in Mundo on 12/26/2008 12:40 a.m. by Xosé Antón
Desmontando mentiras de certos medios de información españois sobre a internet cubana:
Entre a República Bolivariana de Venezuela e Cuba estase tendendo un cable submarino de fibra óptica de 1.552 quilómetros.
É necesario tender deste cable que «La Vanguardia» critica?
Pois si: O bloqueo de EEUU impide a Cuba a conexión a Internet a través da malla de fibra óptica submarina. A Cuba non lle queda máis remedio que conectarse por satélite, pagando a prezo elevadísimo devandita conexión, que é ademais moitísimo máis lenta. O propietario maioritario do sistema Arcos de fibra óptica é New World Network, empresa norteamericana sometida ás leis de bloqueo.
Como comentan desde Cuba Información, A Illa só dispón de 124 megabytes/seg en baixada de satélite.
Poñamos un claro exemplo comparativo: un centro de traballo noutro país, un hotel ou un cibercafé ten un ancho de banda igual ou superior ao de toda Cuba. Unha ridiculez, pero imposta polo bloqueo de Estados Unidos, que decide o ancho de banda que pode contratar Cuba e impón multas de 50 000 dólares por cada violación das famosas leis do embargo estadounidenses. Read the rest of this entry »