Ataque masivo de «La Voz de Galicia» contra as consellarías xestionadas polo BNG
Posted in Galiza on 12/21/2008 03:02 a.m. by Xosé Antón
Durante os últimos tempos un medio de comunicación chamado “La voz de Galicia” que semella ter unha liña ideolóxica moi de dereitas e próxima ás teses dos partidos centralistas, comezou cunha campaña, en datas moi próxima ás eleccións galegas, de desprestixio contra as consellarías nacionalistas da Xunta de Galiza. Consellarías que traballan constantemente polos intereses de todas as galegas e galegos e dignifican os nosos sinais de identidade. Non teño dúbida que se debe respectar a discrepancia, porque o pluralismo ideolóxico é imprescindible para vivirmos nunha sociedade democrática, pero a democracia tamén ten que esixirlle á Voz de Galicia un tratamento rigoroso e veraz das informacións alén do lexitimo dereito que este medio ten de emitir opinións, aínda que sexan en contra dos intereses do noso país. Así que ante o que podemos considerar descualificación, manipulación e mentira diaria, sería interesante acceder directamente ás paxinas web das distintas consellarías para recadar a información necesaria para ter unha información veraz sobre o que está a realizar en beneficio do pobo Galego. Read the rest of this entry »
