Archive for Decembro, 2008

Bergantiños: Xosé Regueira Varela na candidatura do BNG ao Parlamento Galego

Tal e como se agardaba, a Executiva Nacional do BNG aprobou este sábado os nomes que deberán referendar hoxe, martes 30 de decembro,  as asembleas comarcais ( onde non se agardan cambios). Nas candidaturas destaca a presenza de cargos do actual Goberno  da Xunta de Galiza e unha medida distribución territorial das comarcas do noso País.

Xosé Regueira  Varela, Responsábel comarcal do BNG lidera a comarca de Bergantiños na lista nacionalista pola provincia da Coruña. É a primeira vez que integra a  candidatura do BNG pola circunscrición da Coruña nas eleccións á Xunta de Galiza. A Executiva Nacional avala, dese xeito, as propostas  que  desde a comarca se presentaron.

 Xosé Regueira Varela, antes de comezar a súa actividade política, xa realizara unha importante actividade cultural no incipiente tecido asociativo da Laracha. Creou,  con outros membros da asociación de Torás, a Garula (a primeira revista cultural que se fixo na localidade) e liderou a constitución de dúas equipas de xadrez federadas coa correspondente escola de formación.  Tempo despois integrou a candidatura do BNG da Laracha que, por primeira vez, acada representación no Pleno da Corporación Municipal. O seu cambio de lugar de residencia (na actualidade está  censado en Carballo) coincide cun novo posto de responsabilidade política: é elixido Responsábel Comarcal do BNG de Bergantiños. Cando o BNG asina un acordo de goberno na deputación coruñesa, compatibiliza a responsabilidade comarcal coa función de asesoramento na Vicepresidencia da deputación.
Datos persoais: Xosé Regueira Varela está casado e ten un fillo.

As candidaturas, por provincias, a referendar polas Asembleas Comarcais son as seguintes: Read the rest of this entry »

 

Israel segue masacrando Gaza. EE.UU. e Europa non condenan os asasinatos…

Polo menos 282 persoas morreron e 900 resultaron feridas polos ataques de Israel en Gaza, bombardeada hoxe por segundo día consecutivo na operación israelí contra os palestinos máis sanguenta desde a Guerra dos Seis Días de 1967. Segundo fontes médicas palestinas, o número de vítimas pode aumentar nas próximas horas, tanto pola continuación dos ataques como polo estado crítico en que se atopan 120 feridos.

Uns 65 palestinos perderon a vida na última onda de ataques da Forza Aérea israelí contra sedes de Hamás, talleres metalúrgicos e mesquitas, declarou o responsable do servizo de urxencias en Gaza, Moawiya Hasanein.
A primeiras horas da pasada noite, a aviación militar israelí destruíu a estrada Saladino, a principal de Gaza, á altura norte e logo, durante a noite, os F-16 israelís bombardearon 23 obxectivos, entre eles o edificio onde se reúne o Goberno de Hamás en consello de ministros Read the rest of this entry »

 

PSOE + PP + monopolio eólico + prensa centralista: Están tolos estes romanos …

 

Semellaba que o PSOE e o PP, como parella de feito, pretendían co apoio da prensa anti-galega e das empresas foráneas paralizar, como unha poderosa lexión romana, o proceso de resolución do concurso eólico galego.
No PP, con Mariano Rajoy e Feijoo á cabeza, dicían que algo fedía a podre no tema do vento (se cadra falaban das opacas distribucións de muíños de vento durante o desgoberno conservador). O PSOE, coa maior deslealdade posíbel cara o seu socio goberno, fuxe da comisión de valoración, mais non consigue paralizar o proceso.

 Medios con gran distribución, como “La Voz de Galicia”, comezara anteriormente un ataque  furibundo, nunca antes visto, contra o Plano eólico da consellaría de Industria. Plano Industrial na que Galiza é a gran beneficiada, só hai que escoitar o que se di desde as cooperativas leiteiras promotoras do Grupo Lácteo Galego: “Este é o maior exemplo de redistribución de riqueza en Galiza».

E Touriño,como presidente,  que defende?  Debe defender máis o interese privado de certos monopolios eólicos foráneos que o interese público da sociedade galega e do sector empresarial galego, se atendemos ao que sae en distintos medios de comunicación.

A poderosa lexión romana presentábase unida para atacar aos celtas galaicos. Todo levaba a pensar que a derrota de Galiza, igual que outras veces,  estaba próxima. Mais, a defensa intelixente dos intereses públicos do noso país por parte do conselleiro Fernando Blanco, apoiado por todo o nacionalismo, provocou a primeira derrota da historia recente do antigaleguismo. As devanditas lexións non só non conseguiron derrotar ao seu inimigo galego, senón que  Galiza conseguiu con escrupulosa legalidade, obxectividade e transparencia evitar o mangoneo das súas capacidades enerxéticas por primeira vez na historia. Gañou Galiza, como dixo o Vicepresidente Anxo Quintana. E o BNG, coa moral alta pode presentarse ás eleccións, co orgullo  do traballo ben feito, para que as galegas e galegos gañemos o noso futuro a pesares da forte presión mediática .

 

Un Israel criminal asasina masivamente aos habitantes de Gaza (Palestina).


Unhas 225 persoas morreron e máis de 800 atópanse feridas (a metade moi grave) tras un demoledor bombardeo israelí, nun só día, sobre a Cidade de Gaza, segundo informaron fontes médicas. A falta de confirmación oficial, exinten estimacións de máis de 500 mortos e 1.000 feridos.
Israel atacou Gaza anteriormente, pero o número de ataques simultáneos de agora carece de precedentes.
O ataque comezou, a mañá deste sábado 27 de decembro, co lanzamento de  mísiles desde uns 60 avións F-16 israelís a un cento de puntos distintos da Faixa de Gaza cando as nenas e nenos saían da escola.
Entre os falecidos atópase  o xefe de Policía, Tawfiq Haber, segundo informou o encargado do departamento da o Fatá para América Latina, Mohamed Odeh, que anticipou un incremento  do número de falecidos.
«De momento, estas cifras correspóndense cos falecidos confirmados nuns poucos puntos dos afectados polos bombardeos», indicou.
O ataque proseguiu co lanzamento de proxectís por parte de tanques israelís apostados no leste e o sur da Franxa, cuxas comunicacións atopar completamente cortadas.
Xa Israel violara o cesamento do fogo a principios de Novembro matando a seis palestinos e ferindo a catro. Read the rest of this entry »

 

Galiza é a gran beneficiaria da resolución do concurso eólico.

O 14 por cento da potencia eólica será pública.
O que implica que Galiza e as galegas e galegos sexan os grandes beneficiarios desta resolución.

A consellaría de Innovación e Industria acordou hoxe admitir a trámite, trala resolución da comisión de valoración, un total de 2.290 megavatios eólicos, dos 2.325 que se poderían acoller. O 14,2%, un total de 325,74, serán cedidos á Xunta de Galiza, xerando 30 millóns por ano.

O concurso eólico xa ten gañadores tras unha longa tramitación
O grupo máis beneficiado no reparto foi Eólica Galenova -filial de Caixanova-, con 235 megavatios; seguido de Aucosa -que integra varias conserveiras-, con 216 megavatios; de Norvento, con 193,8 megavatios; e de Ventos Cooperativos -que encabeza Feiraco e aposta por un grupo lácteo galego-, con 192.

Así quedou o concurso: Read the rest of this entry »